martes, 21 de noviembre de 2023

"Ideas fantásticas"

Estes días estiven pensando moitas ideas para mellorar o cambio climático.

Primeiro, o que vin na "Feira de Ciencias": os cartóns das pizzas, hamburguesas... teñen graxa, polo que, en vez de tiralos, fixeron un experimento: mollábanos, metíanos nun molde, deixábanos secar uns días, e logo quedaban moi duros, tan fortes que os podían utilizar de ladrillos.

Atendendo a isto, ocorréuse o seguinte: Vós sabedes que a auga se limpa con filtros? Pois gustaríame facer algo así co aire.

Explícovos: a auga límpase con filtros e o aire coas plantas; entón, un coche podería ter unha palmeira, que é tan grande como unha casa, polo que o motor tería que ser enorme.

De inventar unha planta artificial moi ponte, o fume dos coches limparíase e sería mellor para o noso planeta.

Ti tes algunha idea para cambiar o mundo? Seguro que hai moitas e todo pódese conseguir con esforzo.

Mar   

No hay comentarios:

Publicar un comentario