sábado, 20 de febrero de 2010

"Caracasacol"

Estaba eu no parque á tardiña xogando cos meus amigos.
De súpeto, ao achegarme á herba, vin un caracol moi raro, parecía que levaba unha casa enriba; coa confusión, agacheime para velo mellor e... Aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!
Tiña razón, era un caracol coa casa incorporada; pero era enorme, tiña 4,5 cm de alto, polo menos.
Chamei aos meus amigos asustada por se era algunha especie de extraterrestre; pero eles dixéronme que era un novo ser vivo que descubríramos.Decidimos poñerlle un nome: o caracasacol.
Dende ese día, o noso amigo ía connosco a todas partes, na escola era o máis listo de todos e converteuse na nosa mascota.
Uxía

No hay comentarios:

Publicar un comentario