sábado, 20 de febrero de 2010

"Berni"

Érase unha vez un caracol chamado Berni que vivía na fraga Folla Verde.

Os seus amigos ríanse del porque, en vez de ter unha concha no seu lombo, tiña un edificio ao que cada día lle crecía unha planta.

Un día, houbo unha gran tormenta, facía moito frío e vento. El salvouse de ser arrastrado pola choiva, pois se meteu na súa casiña.

Cando saíu, non viu a ningún caracol. Buscounos por todos os lugares, agás nun vello tronco caído. Alí estaban! Todos agochados, con cara de medo e moi mollados.

Dende entón, non se riron del, pois á mañá seguinte houbo outro furacán e Berni deulles cobixo.

Óscar

No hay comentarios:

Publicar un comentario