sábado, 20 de febrero de 2010

"A casa do caracol"


Había unha vez un caracol chamado Xabier, vivía en Caracolandia. A el gustábanlle moito as casas; por iso decidiu transplantar a súa concha por unha pequena casa con: ventás, portas, cheminea e todo tipo de comodidades.
Era moi feliz, pero as cousas foron cambiando pouco a pouco. Os seus veciños andábanlle todo o día enriba para que lles deixara entrar. El negábase. Entón os caracois dixéronlle que era un gruñón e un avaricioso e que non eran os seus amigos.
Nese intre, el quedou pensando todo o que lle dixeran e decatouse de que tiñan razón: Non compartía as súas cousas!
A mañá seguinte decidiu invitar a todos á súa casa, para poder recuperar a súa amistade. Tomaron un té e foron ao hospital para que aos animais lles transplantaran unha casa como eles quixeran.
Así Xabier e todos os animais de Caracolandia foron felices.
Lucía

No hay comentarios:

Publicar un comentario