lunes, 4 de octubre de 2021

Obradoiro de Comunicación Oral!

 Hola a todos e a todas, o pasado venres 1 de outubro, tivemos novas presentacións en O.C.O. 

Vera Castro e Tania, faláronnos sobre os gorilas; onde viven, de que se alimentan, o seu tamaño...e acompañaron toda a información cunha presentación en Power Point con imaxes...Foi un gran traballo!

Antón e Mauro, expuxeron sobre os debuxos animados "CoMPaS", faláronnos dos protagonistas, os seus gustos e un pouco da súa historia. Para iso, viñeron caracterizados, puxéronnos música e fixéronnos un paso característico destes debuxos.

Mar, Aroa e Valentina, falaron sobre os bonecos denominados Ksi-Meritos. Dixéronnos como coidalos, como darlles de comer e outros datos sobre estes xoguetes tan especias. Ademais...trouxeron uns para ensinarllos aos compañeiros e compañeiras!

Por último Mayra, fixo unha exposición sobre o Sistema Solar e os planetas. Falou de como se atopan estes situados, dos movementos de translación e rotación, do primeiro home que pisou a Lúa...Para acompañar esta exposición, Mayra veu disfrazada de científica, trouxo un libro, unhas follas coa información e imaxes e...Creou unha maqueta do Sistema Solar! Que pasada!


A continuación, podedes ver un vídeo onde se recolle brevemente parte destas marabillosas presentacións...A disfrutar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario