lunes, 4 de octubre de 2021

"O que supón a actitude!"

"Unha aventura homófona" 

O ano pasado fun de viaxe ao Mediterráneo e, como levábamos moitas cousas, tivemos que levar unha baca no coche para transportar todo.

De súpeto, atopamos unha vaca no medio do camiño.

- AII! - dixe eu. Hai un animal perdido.

Meu pai comezou a rir.

- E se vacilo? - preguntou. 

Era tan grande o animal que pareciamos un bacilo ao seu lado.

- Quen vota por levala ata a súa casa? - dixo a miña nai.

Mentres, eu pensaba que iso sería imposible porque levaba sandalias e necesitaría polo menos unha bota para ir polo medio do monte.

Aínda que sería  boa idea, porque se atopaba algún bago, poderíao papar. Pero o problema era que, se me vía o dono das uvas, podería pensar que era un vago que andaba  a roubar.

Finalmente, o único que puidemos facer foi esquivala e seguir a nosa viaxe ata chegar ao Mediterráneo.

Era un lugar fermoso para ver a bela costa. No medio do mar había un barco enorme que non tiña vela pois funcionaba con motor.

Viña por nós para levarnos ao outro lado do mundo.

Sara                                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario