jueves, 31 de octubre de 2019

"Meiga chupadora"

Conta a lenda que en San Xián de Sergude había unha muller á cal  morríanlle os fillos; a última nena que tivera tamén levaba camiño de morrer.
A nai da muller, unha anciá, dicía que era causa dun "mal de ollo" ou da "Chuchona".
Así un sábado pola noite colleron tres xuncos na braña e cortáronos a igual tamaño. Despois marcáronos: "envexa", "angarido" e a meiga Chuchona.
Para saber quen era a meiga, decidiron poñerlle á nena unha castaña de Indias, un dente de allo e unha poliña de herba de San Xoán, non deixala soa, e de noite virá unha mosca moi grande e moi negra a pousarse no berce. Esa sería a Chuchona, que lle vén a chupar o seu sangue.
Entón hai que esconxurala dicindo " San Silvestre meiga fóra" e, ao mesmo tempo, pegarlle á mosca cunha poliña de loureiro sen compasión, que se a matas non perdes nada.
A muller pronunciou as palabras do conxuro mentres o home coa rama de laurel golpeaba á mosca.

Ao día seguinte apareceu morta na súa cama unha vella de Tabeaio: "A meiga Chuchona", que ía chupar o sangue dos nenos e roubarlles a grasa do corpo (unto) para poder usalos en pomadas e pocións.

Ariana

No hay comentarios:

Publicar un comentario