jueves, 31 de octubre de 2019

"María Soliño"

Galicia é terra de meigas e os mitos e lendas delas forman parte da nosa tradición.
En Pontevedra, concretamente en Cangas do Morrazo, encóntrase o que chaman a "Península das Bruxas".

Cerca da praia de Coiro, ao lado dunha fonte, as meigas reuníanse, sobre todo na noite de San Xoán, para chamar ás ánimas errantes da zona.
A campá da igrexia soaba ela soa para que elas se xuntasen,

Unha delas era María Soliño, que foi condeada pola Inquisición por bruxería. Era de Cangas do Morrazo e o seu marido máis o seu irmán morreron nun ataque pirata dos turcos cando asolaron a ría de Vigo e deixaron todo sumido nunha absoluta pobreza.
Ela herdou unha importante fortuna pero caeu nunha forte depresión: cada noite recorría a praia escoitando as olas e recordando aos seus familiares.
Isto foi máis que suficiente para que a condeasen por ter poderes demoníacos: despoxada de todos os seus bens e condeada a levar o hábito de penitente uns meses.

Laura

No hay comentarios:

Publicar un comentario