miércoles, 23 de enero de 2019

"O rei e a quenlla"


Fai moitos anos, no pasado, no océano Indico, un rei que vivía nun castelo preto do mar onde habitaba unha quenlla. O problema era que había lendas que contaban que a quenlla devorara a varias persoas, e por esa razón non se levaban moi ben.

Un día o monarca enterouse de que o mar estaba pragado dunhas especies velenosas que podían causar enfermidades de morte para os cidadáns do pobo cando se bañasen na praia.
Como estaba desesperado e ninguén se ofrecía voluntario para axudarlle xa que tiñan medo de enfermar, non lle quedou outro remedio que recurrir á quenlla.Como aceptou, trazaron un plan que consistía en colocar unha rede para que as especies velenosas non se achegaran.

Foi un éxito, menos para a quenlla que, ao colocar a rede, un peixe tocoulle e morreu. 

Dende aquel día o soberano encargouse de construír unha estatua na súa lonxa; así que de aquí ao futuro recordarán que deu a súa vida para salvar ao seu pobo.

Alex

No hay comentarios:

Publicar un comentario