martes, 17 de marzo de 2015

"O bosque encantado"

Había unha vez un bosque encantado. Visto dende fóra parecía tenebroso; pero, en troques, por dentro esta cheo de luz e de vida.
A súa aparencia servíalle aos animais para protexerse dos cazadores.
Un bo día un rapaz loiro e valente chamado Lucas, xogando co seu can, escapóuselle para o interior e seguiuno. Entrou e viu que por dentro non daba medo. Os animais suplicáronlle que non o contase porque os matarían; loxiocamente, el gardou o segredo.


O neno foi facéndose maior, e quixo ser menciñeiro para axudar a curar enfermos. Grazas ao seu avó e ao amor á natureza, aprendeu moito sobre as plantas e os seus poderes curativos.
Pero un veciño tíñalle envexa, mentiu e dixo que facía bruxaría. Tivo que fuxir do seu fogar para protexer á súa familia.
Lembrou que de pequeno descubrira o segredo encantado, polo que decidiu irse a vivir ao bosque.
El quería seguir axudando, intentouno por internet mais non había cobertura...
Todas as persoas de bo corazón sempre encontrarán o camiño para o fogar de Lucas.

Nicolás Gómez

1 comentario: