martes, 28 de octubre de 2014

"Esqueletos desafiantes"


Había unha vez dous nenos: Alexo e Jorge.
Un día foron de acampada, atoparon unha cova e metéronse dentro: cadáveres e un tesouro con xoias.Chamaron a un museo para que o viñesen buscar.
Unha noite, mentres ían de festa,uns esqueletos atacáronlles. Chamaron á policía, pero non chegaron a tempo de collelos.
Ao día seguinte estaban moi asustados porque pensaban que os ían matar.
Pasou o tempo, foron de novo á cova e oíron uns ruídos: ían matalos, polo que fuxiron como tolos...
Pola noite, colléronos e leváronos con eles. Vaia medo tiñan! Dicían que non roubaran nada, mais nos lles crían.
Atáronos cunhas cordas moi ríxidas. De súpeto, por sorte, a policía escoitou os berros e foron buscalos.
Os monstros ocultáronse nun pasadizo secreto para tratar de escapar nun barco pirata que estaba na beira do mar. Non o conseguiron.
¡A maldade non debe levar a sorte parella!

Pablo

No hay comentarios:

Publicar un comentario