miércoles, 22 de octubre de 2014

"As cabazas de Samaín"


Érase unha vez unha aldea moi lonxe de aquí.
Nela había unha gran mansión onde vivía unha señora moi vella, á que todos tiñan por bruxa.
Na súa horta cultivaba cabazas moi grandes, todos pensaban que eran máxicas.
Un día certos nenos da vila entraron e roubáronlle dúas. Ao chegar a casa, dixeron todas as palabras que se lles ocorrían e, ao pronunciar un deles "Samiño", converteuse en rato.
Asustáronse e colleron moito medo, pero decidiron voltar á mansión na procura dalgún conxuro; mais non contaban co gato da bruxa: cando un deles berrou que o tiñan diante, !o rato volveuse neno!
Fuxiron todos a correr, non querendo saber máis das cabazas.

Diego

No hay comentarios:

Publicar un comentario