viernes, 24 de octubre de 2014

"A casa encantada"


Estaba eu xogando na miña casa cando chamaron á miña nai.
Tes o que che pedín? - dixo unha voz estraña.
- Si - respondeu ela.
- Corre que aquí hai pantasmas.
- Pantasmas? - pensei eu.
- Si, pantasmas! - repetiu a voz apagando o teléfono.
Estrañado preguntei:
- Quen era?
- Un amigo.
- E que pediu?  
- Uns materiais.
De súpeto abriuse a porta, entrou meu pai e preguntou  que pasaba.
- Chamou un amigo de mamá - dixen.
- Que quería?
- Que foramos cun obxecto a unha mansión.
- Para que? - preguntei.
- A pasar un fin de semana en familia. - dixo Alexandra, a miña nai.
- Con pantasmas? - preguntei asustado.
- Que pantasmas? - cuestionou o meu pai.
Entón entrou Rodrigo interrompendo a conversa.
Unhas horas despois estabamos viaxando no coche.
O meu irmán preguntou a onde íamos.
- A unha casa moi grande.
Pouco despois chegamos ao noso destino.
- É moi grande! - exclamei.
- É verdade. - repetiu el baixando do coche.
Cando pensabamos que estabamos seguros naquel sitio, comezou a chover, ou mellor a diluviar.
Entramos na casa, mais non había ninguén. Era moi estraño!
As portas pecháronse xunto coas ventás.
- Mamá, teño medo.
- Non te preocupes.
- E se imos por esa entrada. - recomendei eu.
Estabamos todos xuntos cando se apagaron as luces e despois un grito que nos asustou.
A miña nai desaparecera. Todos berramos por ela, pero sen obter resposta algunha.
Apareceu unha pantasma que nos perseguiu. Cada un foi por onde puido. Mentres escapaba, ouvín uns alaridos.
Na procura da miña familia, vin unha sombra e seguina: Un home alto que daba medo!
Corrín, salte encima del e ateino cunha corda.Descubrín por que o fixera: para protexer o seu tesouro.
Ao final, regresamos contentos ao noso fogar.

Rodrigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario