lunes, 27 de noviembre de 2023

"25 de Novembro"

Que vos di esta data? Vouvos contar o que leva pasando toda a vida...

Moitas persoas levan moitos anos sufrindo en silencio.

Neste día lémbrase a esas persoas que pasan momentos dolorosos por culpa da mala xente.

Normalmente sempre se fala das mulleres; sorpréndeme que nestes tempos aínda se escoita: violacións, torturas, palizas; tamén a nivel psicolóxico, xa que os insultos, os desprezos e as faltas de respecto doen exactamente igual que unha paliza física.

Sei que hai mulleres ás que lles gustaría ser invisibles; é dicir, que poidesen non existir para non ter que soportar golpes por non facer nada.

Unha vez a miña nai contoume que nun libro que leu, había unha nena de dezasete anos da India que sufriu queimaduras no corpo, os homes tirábanlle pedras só por estar embarazada. Iso para a súa familia era unha vergoña e decidiron matala. Botáronlle gasolina e cun chisqueiro prendéronlle lume.

Historias así pasan todos os días.

É moi trsite que a xente que pode solucionalo non faga nada, que non o resolvan.

Oxalá que cando sexa un pouco máis maior só se lembre como un mal recordo; e que os maltratadores deixen de e xistir.

Aroa

 Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario