martes, 31 de enero de 2023

"Os defectos"

Un día na cidade de Valencia, pola mañá, nun colexio, o profesor díxolle aos seus alumnos que traballarían sobre os defectos. 

Primeiro preguntoulle a Manolo se tiña algún, este dixo:

- Eu son bo en todas as assignaturas, a diferenza de Xoán, que non sabe matemáticas.

Ante isto, defendeuse dicindo:

- Non teño ningún problema con esa materia, seino todo, mais Lucas ten dificultades en nas linguas.

- Pero que dis! Se cando me preguntan acerto sempre, aínda que Pepe...

Antes de que rematase de falar, o profesor, moi cabreado, dixo:

- Vos, queredes calar dunha vez; isto era para que vexades os vosos, non os do resto.

A clase estivo en silencio uns minutos, ata que aclarou:

- Non existe ninguén perfecto en nada. Sempre, a xente fíxase no que fan mal outras persoas.

Todos esforzáronse por mellorar no que andan máis frouxos e decatarse dos seus erros.

Iago

No hay comentarios:

Publicar un comentario