lunes, 30 de enero de 2023

"O Zampatortitas"

O Zampatortitas ou o Zampatortas dá a casualidade de que son eu: Hugo!!!

Ben, era un luns no que me apetecía tomar unhas boas tortitas, así que a miña nai foi facer a compra a un supermercado e díxenlle:

- Mamá, podes comprarmas?

- Si, sempre e cando queden.

Comprounas e fómonos a casa, chegou a noite, o meu irmán e máis eu tiñamos fame. Unha vez feitas, démonos de leites para saber quen ía ser o primeiro.

Ao final fun eu. Estaban deliciosas! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario