jueves, 19 de enero de 2023

"Mexaqueixos"

Ola, xa facía tempo que non vos escribía.

Fai pouco, na miña casa apereceu un trasno. Que é un trasno? Pois un ser pequeno que vive no teu fogar. Nunca se cansan e fan moitas trasnadas. Soen vestir con blusa e con gorro picudo.

E como atrapas a un?:

1º - Fai unha trampa e como cebo pon unha moeda de ouro; dise que lles encantan.

2º - Colócaa nun rincón e espera para collelo. Úsao no momento correcto.

3º - Busca un sitio onde estea cómodo e poida vivir.

Cantos trasnos existen no mundo? Hai moitos, e non os coñezo a todos. Alguns son: San Patricio, fadas...

E ata aquí todo o que sei, non me fagades máis preguntas, grazas!

Xa que sabedes o que é, vouvos falar dun que vive na miña casa.

Chámase "Mexaqueixos". É un pouco gordiño, ten as mans grandes a arrugadas como a súa cara. Os seus ollos son azuis e ten o nariz, a boca e as orellas grandísimas! O seu pelo é azul.

Sempre leva posto un gorro picudo; ademais diso, tamén leva unha chaqueta  vermella; anda en roupa interior e cunhas medias raiadas azuis e brancas, xunto cuns zapatos desa cor e de cordóns.

Vén da "Serra do Caurel", un lugar misterioso de trasnos, mouras e outros raros habitantes.

Preguntades por que se chama así: porque pola noite rouba o pan que sobra da cea das persoas, e logo mexa nos queixos. Pola mañán escóndese e rise de todo o que come queixo mexado.

Así que, antes de comer queixo, revísao...

Mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario