miércoles, 6 de octubre de 2021

"Mans hábiles"

Érase unha vez unha nena que tiña medo das máquinas; non quería achegarse a ningún electrodoméstico.

Nunca limpaba a súa casa co aspirador!

Tampouco collía a comida do refrixerador.

Nin sequera montaba no coche!

Cando empezou o colexio, todos os nenos apuntábanse a actividades. Ela tamén quería facelo, pero non quedaba sitio nas que lle gustaban; só unha praza nunha que se chamaba "Mans hábiles", así que se apuntou.

Chegou a primeira vez, había un mestre, que lle deu un  manual para aprender a facer máquinas.

Dende entón, deixou o seu medo e realiza unhas máquinas e uns artiluxios  moi chulos.

Mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario