miércoles, 29 de septiembre de 2021

Obradoiro de Comunicación Oral

O pasado venres 24 de setembro, tivemos en O.C.O (Obradoiro de Comunicación Oral) exposicións moi divertidas e interesantes. Os cativos e cativas falaron sobre os fondos mariños, fadas e sereas, os ninjas e sobre Tik Tok. As dúas últimas con actuación incluída...Queredes velas?

Guillermo falounos sobre os ninjas e para iso caracterizouse cun disfraz. Sobre estos contounos as súas costumes, ataques, tipos de armas e... Fixo unha entrada ninja! Imos a vela!



Por outra banda, Zaira e Aroa, falaron sobre a aplicación Tik Tok; cando se fundou, os millóns de seguidores que teñen algúns usuarios, o tipo de vídeos que se suben (maioritariamente bailes) e por suposto... Representáronnos algúns destes! E animáronse moitos compañeiros e compañeiras! Imos a velos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario