viernes, 28 de mayo de 2021

"Un curso moi divertido"

En terceiro tiven moitas cousas boas, agora vou falar da metade.

A min gústanme todos os días, pero o mellor foi un no que fixemos moitísimo de matemáticas, asignatura que me encanta. Estou aprendendo a dividir mellor, a realizar exercicios complicados...

Outras das cousas boas foi cando veu Andrea, creo que dende ese momento aprendín a debuxar serpes, porque ela é unha artista.

O recreo encántame, aínda que polo covid non sexa o patio como todos os anos; pásoo moi ben porque xogo cos meus amigos ao pilla pilla, stop...

Estou bastante feliz xa que non hai problemas cos nenos e nenas das distintas clases, porque non nos podemos xuntar para evitar contaxios.

De non ser polo covid, este curso é casi insuperable.

Iago


No hay comentarios:

Publicar un comentario