jueves, 25 de marzo de 2021

"Viaxe ao espazo"

Felipe é un rapaz moi curioso, ten dez anos e os seus pais son astronautas.

Pasaba o tempo vendo vídeos da galaxia, e tamén quería chegar lonxe.

Un día inventou un foguete, pasaba moitas horas debuxando planos e facendo cálculos, ata que o rematou.

Subiuse para probalo; sen querer, deulle ao botón de despegue. Ala vai! Saíu voando, o pelo quedoulle de punta! Marchou sen comida e sen bebida...

Menos mal que levaba un teléfono; chamou aos seus pais moi asustado; eles non crían, mais envioulles unha foto.

Foron rapidamente a buscalo no medio da galaxia; o pequeno estaba chorando, e non lle quedou outra que explotar o aparato.

De todos modos, estaban moi orgullosos do seu fillo!

Aroa 

No hay comentarios:

Publicar un comentario