domingo, 31 de mayo de 2020

"Irresponsabilidade na praia"


Hoxe vou falar dalgunhas persoas que son irresponsables cando van á praia. Moitas delas póñense moi cerca doutra xente e actúan como se non pasara nada, creo que aínda non están de todo mentalizados.
O outro día estaba na praia e tivo que vir a policía porque había unha parella paseando tan tranquila cos seus cans ao carón da xente. Menos mal que vixían con frecuencia para que este tipo de actos non ocorran.
Tamén hai outros que cando están na auga xúntanse en grupos, xogan á pelota e ocupan case todo a beira do mar; e incluso hai quen fuma cerca doutros que están tranquilamente tomando o sol.
Eu creo que moita xente pensa que xa pasou o coronavirus ou que xa encontrarán a vacina…
 Estes días que fai tan bo tempo fun moito á praia pero procuro manter as distancias e tamén llo explico á miña irmá, que é moito máis pequena ca min e cústalle comprender moitas cousas polas que actuamos desta forma.
Espero que todos sexamos responsables e actuemos en consecuencia facendo uso das normas correctamente para non prexudicar a ninguén e que nada do que vivimos volva a pasar.

Ariana


No hay comentarios:

Publicar un comentario