lunes, 17 de febrero de 2020

"Como aproveitar o tempo?"

Chegou ao meu coñecemento que algúns compañeiros e máis eu lle debemos varios traballos da semana pasada ao noso profesor e titor, Genaro. 

Todo empezou o martes cando nos dixeron que estaba enfermo e non sabían cando ía volver. Debido a isto, algúns relaxámonos e non fixemos as tarefas correspondentes; cando a principios de curso deunos unha nota co que tiñamos que facer cada día, non moito precisamente.

Resumindo, foi un acto de irresponsabilidade pola nosa parte, xa que non podemos descoidarnos porque o noso profesor non estea presente; e menos os de sexto de primaria, porque o instituto está á volta da esquina e alí xa veremos...

Debemos ser responsables cos nosos actos e aproveitar mellor o noso tempo; en vez de estar facendo pola noite o teu traballo, poderías estar tranquilo e sen preocupacións vendo a tele ou facendo o que che apetece.

Álex


No hay comentarios:

Publicar un comentario