lunes, 20 de enero de 2020

"Festórreo"

É unha gran festa que se celebra todos os anos a mediados do mes de agosto xunto ao hórreo de Lira, o ca é decorado con luces, e algunhas veces pintado con cores moi chamativas.

O especial é que cada vez trata dun tema diferente; por exemplo, en dous mil dezaoito tratou sobre "Operación Triunfo", habendo dous grupos de participantes: un cantara ópera, outro facía de mariachis. No dous mil dezaseis chamáronlle "Festo Río" xa que se celebraron as olimpiadas; e no 2019, a última edición polo de agora, cambiáronllo a "Cabaseira Fest", onde todos os vellos do pobo peléxanse pra mercar unha empanada de millo e para escoitar os cantares galegos e os seus pupurrís.

Pola noite é cando empeza todo de verdade: a baarra libre; o monólogo do meu curmán, que ten como apodo Miguel de Lira; os concertos, nos que participaron "Luar na lubre", un grupo coruñés formado por oito integrantes, e outros.

Ana dos Santos

No hay comentarios:

Publicar un comentario