jueves, 31 de octubre de 2019

"Habelas hainas..."

A figura da meiga está moi asentada na tradición popular galega, durante moitos anos foi un dos principais personaxes do Samaín.

Nos contos infantís é unha muller vella con coñecementos de maxia e bruxería. Viste cunha túnica negra e un sombreiro ridículo, montada nunha vaosira. Iso non é unha verdadeira meiga.

O máis importante que debedes saber é isto, atendede moito; non esquezades nada do que vén de seguido.
As verdadeiras meigas visten traxes normais e semellantes aos das mulleres de aldea; viven en casas normais e traballan, por iso é tan difícil pillalas.

Non lle gustan nada os nenos, aos que odian con toda  a súa alma, é o que menos lles gusta do  mundo. Pasan  os días facendo plans para desfacerse deles, vanos suprimindo un a un. É no que pensan en todo o día: mesmo dá se está de caixeira nun supermercado ou paseando polo parque: a súa mente sempre estará tecendo e maquinando homicidas e sanguinarios pensamentos.
Non golpean aos rapaces na cabeza nin lles cravan coitelos, nin lles pegan un tiro cunha pistola; non o fan para non ser collidas pola policía.
Primeiro esperan a que estean sos e ráptanos, despois lévanos ás súas casas e ferven un caldeiro cheo de aceite no que os meten e, por último... Cómenos!

Por sorte, hai unha morea de pequenos sinais que podes recoñecer: manías das que pecan. 
hai que ter en conta que poderemos conseguir non ser collidos antes de que se medre máis.

¡Calquera parecido deste relato coa realidade é mera coincidencia!

Álex

No hay comentarios:

Publicar un comentario