viernes, 13 de octubre de 2017

"Vaia susto!"

Era un día de verán dos anos 30 ou 40 nunha provincia galega. Xoán viña de volta para casa dunha verbena preto da súa aldea. Era noite pecha e, como ía un pouco tarde, decidiu atallar por un camiño ao lado do cemiterio. De súpeto, oíu un ruído, asustouse e agachouse detrás dunha árbore para ver o que pasaba.
Cal foi a súa sorpresa cando viu unha procesión de ánimas, ía moita xente con velas acesas. Estaba coa boca aberta!
Empezou a correr como un tolo, chegou a casa, abriu a porta, meteuse na cama e tapouse coas mantas, quedou durmido.
Á mañá seguinte espertou, non llo contou a ninguén, estaba un pouco confuso polo que vira a noite anterior. Era verdade ou fora a súa imaxinación?
Tiña medo que a procesión pasase pola súa porta.

Sarah

No hay comentarios:

Publicar un comentario