viernes, 20 de octubre de 2017

"A meiga robótica Dorothy"

Esta meiga vive en China.

Ela ten aspecto de robot co pelo loiro, ollos azuis e un sorriso feiticeiro. Ten un altavoz no peito, cables, botóns de cores cos que fai trucos e parafusos.

Desprázase coas rodas que ten nos pés e vai dun restaurante a outro buscando xente. Disfrázase de camareira para que a xente non a recoñeza.

É moi simpática e coa súa risa hipnotiza a todo aquel que a escoita, e non poden parar de rir ata que desaparece.Gústalle moito ver á xente tan contenta. Prefire rir que falar!

Escóndese nun almacén vello e alí vive xunto con outros aparellos antigos.

Ariana

No hay comentarios:

Publicar un comentario