miércoles, 27 de septiembre de 2017

"A princesa encerrada"

Hai máis de mil anos nun país moi lonxano existía un castelo no que vivían unha raíña coa súa filla chamada Alicia, a princesa do reino.

Era unha moiza loira, de ollos azuis e co cabelo longo, moi alegre, que lle gustaba moito xogar cos animais polo bosque. Pero iso ocorría moi raras veces porque os seus pais apenas lle deixaban saír.

Un día, no castelo non puido xogar fóra, polo que empezou a chorar e púxose moi triste.
Mentres choraba, apareceu unha fada que lle preguntou que lle pasaba, e contestoulle:
- Quero ser libre camiñando polo bosque cos meus amigos, os animais, pero meus pais non me deixan.
- Eu podo axudarche.
- Que ben!
- Convertireiche nun unicornio!

E así foi: 
A princesa feliz convertida nun unicornio brincaba feliz 
polos montes e vales rodeada dos seus amigos, os animais.

Ariana

No hay comentarios:

Publicar un comentario