martes, 24 de marzo de 2015

"Amor canino"


Había unha vez un can que estaba coxo dunha perna e todos ríanse del. O pobre sempre estaba triste e sen compañía.
Un día unha familia mudouse á rúa onde el vivía. Viñan cunha cadela moi bonita chamada Anxela: Namorouse dela!
Desesperado por coñecela, acercouse e a outra tamén; sentían pasión por coñecerse. Presentáronse a si mesmos e fixéronse amigos. A relación foi unha marabilla e foron mozos.
Seguíronse vendo todos os días, mais había un problema: ela debía marchar cos seus donos, aos que non lles gustaba o lugar. Cando llo contou ao can, desilusionouse moito e decidiron estar xuntos todo o tempo que lles quedaba.
Ao final, quedaron cos dous e poideron seguir xuntos para sempre.

Laura

1 comentario: