martes, 27 de enero de 2015

"O meu ingreso no hospital"


Eu sentín auténtico medo cando me ingresaron, tiña catro anos. Paseino moi mal, foi un pouco triste.
Miña nai sempre estaba á miña beira, coidábame moito.
Un día unha enfermeira e máis ela acompañáronme a unha sala. Alí encontreime cunha doutora que me deu un xarope de amorodo e despois fíxome unhas probas.
Ao día seguinte fun a unha aula moi grande con moitos máis rapaces, alí había xoguetes e manualidades: acuarelas, cores, pinceis, balóns de espuma...
Cando me enterei de que me daban a alta, tiña un sorriso moi grande.Mereceu a pena ir porque agora estou sa.

Olga

No hay comentarios:

Publicar un comentario