lunes, 24 de septiembre de 2012

"A miña irmá"

Diana é miña irmá pequena. Ten tres meses e medio, pesa seis quilos e mide sesenta e un centímetros.

Morena e de ollos claros, ten a pel branquiña e unhas fazulas para comelas. Tranquiliña, durmilona e risoña.

Todos din que é cravadiña a min.

Gústalle moito o chupete, chupar os puños e os meus bicos.

Diego Sánchez

No hay comentarios:

Publicar un comentario