domingo, 8 de mayo de 2011

"Una tarde preciosa"


Hai uns días fun na bicicleta ata Cecebre cos meus pais e co meu tío Ramón.
Primeiro fomos á biblioteca porque tiña que devolver dous libros, mais volvín con eles.

Todo foi ben. O meu pai avisounos de que había un río chamado Mero, que tiña dúas árbores ás que se podía subir e tirarnos cunhas cordas á auga.

Á volta, eu caín ao lado dunha pedra e nunhas silvas; aínda que tiña o pe enganchado, axudáronme e quiteino. Máis adiante tropecei outra vez, pero non me fixen dano.

Ao chegar a casa, o meu tío e o meu pai foron ver o partido; mentres, miña nai e máis eu ceamos pizza e un xeado.

Sara

1 comentario: