martes, 23 de febrero de 2010

"Made in China"


Sei que me fabricaron en China, pois teño unha etiqueta que pon: "MADE IN CHINA".
Teño un irmán xemelgo que ten o número 51 e medio na súa sola.
O meu nome é NIKE, ou iso cría, ata que vin un lote de caixas nas que poñía o mesmo, así que non estou seguro de como me chamo.

A primeira vez que saín da fábrica, metéronme nun camión, e logo nun avión. Cando aterramos, souben que estaba en España e que ía a uns grandes almacéns. Non tardaron en comprarme. Leváronme ata unha gran casa onde había moita xente.

O meu dono, polo menos, medía 2,15 metros. Decateime que o seu nome era Pau Gasol e que xogaba na selección española de baloncesto.
Levoume ás Olimpiadas de Pekín, ao Mundial de Japón, Polonia, Turquía...

Hai dous anos que vivo nos Ánxeles. O que máis me gusta é cando me leva a xogar, pois me sinto unha gran estrela.


Óscar

No hay comentarios:

Publicar un comentario