viernes, 1 de mayo de 2009

"Cousas da sorte"

Érase unha vez unha familia na que todos tiñan boa sorte agás un neno.
A súa avoa cría que llo cambiaran á súa filla, mais non tiña razón.
Un día, o bisavó pensou e dixo: “Non ten o noso grupo sanguíneo”. E todos contestaron: “Pode ser!”.
A nai non estaba de acordo e insistiu en que tiña o seu mesmo sangue.
Estiveron ¡dous meses pensando! Ata que o avó oíu dicir: “Por que a nosa familia ten mala sorte e o meu sobriño non?”. Contoullo a todos e a nai pensou que o podían cambiar, pero rectificou e non ía estar disposta a facelo.
Lembrouse do seu curmán, que era científico, e pediulle que encontrase unha forma de solucionar a mala sorte do seu fillo.
Tras moitas probas, sen éxito, o curmán dixo que non había solución.
Doulles igual, porque xa se encariñaran co neno; e aprenderon unha lección:
“Hai que aceptar ás persoas como son”.
Diego Seoane

No hay comentarios:

Publicar un comentario