martes, 21 de abril de 2009

"O rei mendigo"

Había unha vez un rei moi malo que, coa axuda dun mago, gobernaba o seu reino.
Todos os súbditos tiñan que dar lle a metade do que gañaban ou da súas colleitas.
Un día, o mago transformou ao rei nun mendigo para ocupar o seu trono.
Pasaba o tempo e o monarca morría de fame; a xente dáballe algo da pouca comida que tiñan.
Agradecido e arrepentido, pensaba que, se recuperaba o seu trono, se portaría ben cos demais.
Unha noite, cando o feiticeiro durmía, entrou na súa habitación e acabou con el, recuperando o seu poder.
Dende entón, todos os seus súbditos foron moi felices.
Álvaro

No hay comentarios:

Publicar un comentario