jueves, 6 de junio de 2013

"Vaia cambio!"


Érase unha vez un oso panda que sabía de todo: falar, comer e andar coma nós ... Ademais estaba vestido!
Un día foi á cidade e asustou a todo o mundo. Non saía ninguén da súa casa, estaban moi asustados.
Pouco a pouco deixaron o medo, acercáronse a el e non se movía, polo que empezaron a ser os seus amigos, invitábano ás súas casas e ata chegaron a facerlle unha.
Alí vivía comodamente.
Ao final chegou a ser un humano e sentíase moi feliz.  
Iván

"Para que o diñeiro?"


Una vez fai tempo, vivía un señor que quería ser o máis rico do mundo. Tiña aneis, cartos, de todo... E pediulle a Deus que todo o que tocase se convertería en ouro e fíxose realidade.
Tiña un problema: non podía comer nin beber nin tocar aos seus fillos. Púxose moi triste; pero cando tocou ao seu gato, todo volveu á normalidade e non pensou nunca máis nos cartos.

Pablo

miércoles, 5 de junio de 2013

"Os zocos rotos"


Érase unha vez un home que vivía coa súa irmá, á que nunca lle facía caso.
Ela díxolle que tiña que mercar uns zocos novos porque os que tiña estaban cheos de buratos; pero el, como sempre, non fixo caso.
Un día pola mañá saíu ao monte e cravouse un toxo no pe. Fíxose tanto dano que volveu a casa e díxolle á súa irmá:
A partires de agora non volverei a usalos!

Alejandro


"O susto do botón"


Había unha vez un rapaz e o seu amigo que estaban nunha lancha. Déronlle ao botón para que se acendera, mais non sabían como funcionaba.
De súpeto, acendeuse e chegaron ata unha illa na que non había ninguén.
Foron explorar, viron árbores, pensaron que alí poderían facer unha casa e así foi.
Cando voltaron á súa casa, invitaron aos seus amigos a coñecer a illa e mailo que construíran:
O seu club segredo!

Sheila

"A amizade é para sempre"


Un día un rapaz paseaba pola praia e viu a un golfiño atrapado. Correu a axudarlle e conseguiu liberalo.
O animal quería agradecerllo; entón, volveu á praia, onde o neno estaba paseando e salpicoulle.
Xogaron e fixéronse moi amigos, tanto que nunca se separaron.

Raquel Loureda

"Un día diferente"


Había unha vez dúas nenas que estaban cansas de xogar coas bonecas e decidiron ir de pesca.
Colleron as cañas e foron para o río a ver o que pasaba.
Botaron o anzol, puxéronse a falar e, de súpeto, un tirón: Pescaran algo!
Empezaron a tirar e: Saíu un calcetín!
Puxéronse algo tristes, mais decidiron volver a intentalo e pescaron unha troita.
Dende aquel día, en vez de xogar na casa, van ao río.

Olga

"A vida nunha cova"


Fai moito tempo, vivía unha vella nunha cova de Louro (Muros).
Chamábase Pepa e tiña oitenta e nove anos. Sempre estaba coidando as súas ovellas.
A súa cova era de pedra. Cando chovía, como non tiña unha porta pola entrada, mollábase enteira.
Tiña un marido chamado Antonio que, cando foi a guerra, refuxiouse con ela; pero ao pouco tempo, morreu asasinado.
Ela quedou moi triste e sen compañía. Co tempo a fame acabou con esta muller.

Laura