martes, 12 de noviembre de 2019

"Lo que me gusta de Internet"

Hoy os vengo a hablar de lo que me gusta hacer en Internet y sin más palabrería ¡que comience el show!
Lo que más es ver vídeos en "You Tube", ¡me encanta esa app!: "La diversión de Martina", "El mundo de Clodett"...

Por cierto, también tengo mi propio canal; de hecho, en realidad tengo dos: uno de blogs (con 25 seguidores), y otro de una app llamada "Gacha life", donde mi nombre es "Hannasukkichan".
En ellos cuelgo vídeos de vez en cuando. A ver, no es que lo diga por presumir, ni trato de copiar a otros ni nada por el estilo. Es porque me gusta.

¡Ah! Casi lo olvido, también me encanta "Tik Tok", en la que puedes grabar con música de fondo, así como editar lo grabado con determinados efectos.

¡Espero que os haya gustado, y no olvidéis seguirme en mis dos canales!

Sara Lago

martes, 5 de noviembre de 2019

"O home da motoserra"

O día do Samaín estabamos os meus maigos máis eu nunha cervexaría chamada "A Nós".
De súpeto, escoitamos o ruído dunha motoserra, fomos a ver que pasaba cando vemos a un rapaz de dezasete anos que a ten nas súas mans e vén correndo cara a nós; botamos a correr e algún ata caeu polas escaleiras.
Enrique, un amigo noso, púxose diante do tolo e por sorte non lle pasou nada.

Máis tarde foi cara ao supermercado onde estaba a súa irmá cos seus amigos; se non se apartaban, apartábaos el... Caeu polas escaleiras e preguntáronlle se estaba ben, cabreouse non se sabe moi ben por que; acendeu a ferramenta e, como non, alguén chamou á policía.

Era inofensivo, a motoserra era de verdade só que lle faltaba a cadea de pinchos. Iso si, debía andar medio borracho.

Ana Pereira


lunes, 4 de noviembre de 2019

"A lenda dos Pirineos"

Hai milleiros de anos, o rei Túbal, un ancián e bondadoso monarca, reinaba nas terras de España. Tiña inha fermosa filla, chamada Pyrene, que estaba namorada de Hércules, un forte home da mitoloxía grega.

Xerión, un ambicioso e horrible ser, de tres cabezas, quería o trono e casar coa princesa, que lle temía. Ela só tiña ollos para Hércules, con quen adoitaba pasear polo bosque.

Un día, estaba esperándoo; de súpeto encontrouse co ser malvado para raptala; ela era moi áxil e logrou fuxir de alí. O ser, moi enfadado, incendiou o bosque para que non puidese escapar.
Hércules, ao enterarse, foi a rescatala e non puido evitar que morrese.
Roto pola dor, cubriu á súa amada con millóns de enormes pedras, formando a cordilleira máis importante.

Catalina

"Os soños"

Son unha especie de fenómeno estraño que ocorre durante a noite e permítenos vivir unha experiencia extraordinaria a todos.

Ninguén pode saber por que soñamos; cando o facemos, a nosa mente viaxa a outro mundo.

Soñar axúdanos a darnos conta de que só estamos aquí temporalmente.

Os máis comúns: soñar con piollos, co embarazo, con arañas, con serpes, con ratas ou ratóns, con gatos, con diñeiro, co mar e co lume.

Soñemos co que soñemos, sempre espetaremos no mesmo lugar onde nos deitamos.

Samuel

"A meiga de Baíñas"

En Galicia chámaselle meiga a unha muller que ten poderes para adiviñar o futuro ou sanar enfermidades, Algunhas tamén poden facer feitizos ou botar mal de ollo.

Na Costa da Morte, no concello de Vimianzo, tan a súa "consulta" a meiga de Baíñas. Esta muller adiviña o futuro botando as cartas na súa casa. Moita xente acude a ela para que lles diga como se curar, como será unha colleita, consultas sobre temas amorosos...
A maioría fano a escondidas porque non está ben visto iso de andar metido en "meigallos".
Van, cóntanlle os seus problemas e ela, moi concentrada, escoita ata dar coa solución.

Cobra por cada consulta; ás veces o tratamento tamén consiste en traballar as terras da meiga, así obtén cartos e xente para traballar gratis. O negocio é redondo!

Sara Lago

"Insoportable!"

Fai cousa de dúas semanas fun a entrenar, como todos os xoves, a Cambre, ao campo de Dani Mallo.
O que non sbíamos é que de volta a casa levábamos na nosa roupa uns hóspedes nada desexados; ao día seguinte tiñamos picaduras polo corpo enteiro. Eran pulgas!

Agora, semanas despois, sae no xornal que hai un foco deste insecto en todo o pobo; este aliméntase de sangue, principalmente de animais, aínda que tamén picas ás persoas.

Ao suceder isto entendo perfectamente o que teñen que padecer as vosas mascotas; se credes que hai risco de collelas, por favor, tratade ben aos animais que tedes, poñéndolles collares antiparasitarios, xa que a súa picadura é insoportable: Sintes unha comezón que é morrer!

Manuel

"Anécdota graciosa"

Un día, nas vacacións de verán, estaba con varios amigos na miña casa.
Xogábamos no ático e metémonos nun pequeno trasteiro para ver películas de terror.

As primeiras que vimos non nos daban medo, pero o listillo de Miguel, o máis traste, puxo algunhas: "A nena do exorcista", "Un paiaso asasino", que me meteu pánico no corpo.

A partir dese día sempre que subo as escaleiras fágoo como se fose unha moto ou coma un foguete, calquera día mátome. E cando baixo, póñome a berrar como unha tola. Os veciños van pensar que me están matando porque se me oe dende fóra.
E iso pásame todos os días, ás veces meu pai vén por detrás e méteme máis sustos.

¡Houbo algún día que ata quedei afónica de tanto berrar!

Ariana