lunes, 4 de noviembre de 2019

"A lenda dos Pirineos"

Hai milleiros de anos, o rei Túbal, un ancián e bondadoso monarca, reinaba nas terras de España. Tiña inha fermosa filla, chamada Pyrene, que estaba namorada de Hércules, un forte home da mitoloxía grega.

Xerión, un ambicioso e horrible ser, de tres cabezas, quería o trono e casar coa princesa, que lle temía. Ela só tiña ollos para Hércules, con quen adoitaba pasear polo bosque.

Un día, estaba esperándoo; de súpeto encontrouse co ser malvado para raptala; ela era moi áxil e logrou fuxir de alí. O ser, moi enfadado, incendiou o bosque para que non puidese escapar.
Hércules, ao enterarse, foi a rescatala e non puido evitar que morrese.
Roto pola dor, cubriu á súa amada con millóns de enormes pedras, formando a cordilleira máis importante.

Catalina

1 comentario: