lunes, 4 de noviembre de 2019

"A meiga de Baíñas"

En Galicia chámaselle meiga a unha muller que ten poderes para adiviñar o futuro ou sanar enfermidades, Algunhas tamén poden facer feitizos ou botar mal de ollo.

Na Costa da Morte, no concello de Vimianzo, tan a súa "consulta" a meiga de Baíñas. Esta muller adiviña o futuro botando as cartas na súa casa. Moita xente acude a ela para que lles diga como se curar, como será unha colleita, consultas sobre temas amorosos...
A maioría fano a escondidas porque non está ben visto iso de andar metido en "meigallos".
Van, cóntanlle os seus problemas e ela, moi concentrada, escoita ata dar coa solución.

Cobra por cada consulta; ás veces o tratamento tamén consiste en traballar as terras da meiga, así obtén cartos e xente para traballar gratis. O negocio é redondo!

Sara Lago

No hay comentarios:

Publicar un comentario