Xogábamos no ático e metémonos nun pequeno trasteiro para ver películas de terror.
As primeiras que vimos non nos daban medo, pero o listillo de Miguel, o máis traste, puxo algunhas: "A nena do exorcista", "Un paiaso asasino", que me meteu pánico no corpo.
A partir dese día sempre que subo as escaleiras fágoo como se fose unha moto ou coma un foguete, calquera día mátome. E cando baixo, póñome a berrar como unha tola. Os veciños van pensar que me están matando porque se me oe dende fóra.
E iso pásame todos os días, ás veces meu pai vén por detrás e méteme máis sustos.
¡Houbo algún día que ata quedei afónica de tanto berrar!
Ariana
No hay comentarios:
Publicar un comentario