O día do Samaín estabamos os meus maigos máis eu nunha cervexaría chamada "A Nós".
De súpeto, escoitamos o ruído dunha motoserra, fomos a ver que pasaba cando vemos a un rapaz de dezasete anos que a ten nas súas mans e vén correndo cara a nós; botamos a correr e algún ata caeu polas escaleiras.
Enrique, un amigo noso, púxose diante do tolo e por sorte non lle pasou nada.
Máis tarde foi cara ao supermercado onde estaba a súa irmá cos seus amigos; se non se apartaban, apartábaos el... Caeu polas escaleiras e preguntáronlle se estaba ben, cabreouse non se sabe moi ben por que; acendeu a ferramenta e, como non, alguén chamou á policía.
Era inofensivo, a motoserra era de verdade só que lle faltaba a cadea de pinchos. Iso si, debía andar medio borracho.
Ana Pereira
No hay comentarios:
Publicar un comentario