lunes, 4 de diciembre de 2023

"Realidade?"

Non sei se podo falar deste tema, pero como é algo que nos afecta aos rapaces e rapazas do cole, creo que é importante manifestalo.

A verdade, non coñezo o motivo real polo que desde fai tempo o noso lugar de ensino pode observarse máis sucio do habitual. Para que vos fagades unha idea, é coma se estivésemos trinta na clase; en realidade, somos vinte e catro rapaces e un mestre, pero nos últimos días temos aproximadamente cinco alumnos novos que proceden do mundo dos arácnidos.

Si! Así como o ledes (estou esaxerando só un pouco).

Ademais, cando a algún neno despistado como eu cáeselle o estoxo negro dos lentes, no momento de recollelo, por arte de maxia, perde a súa cor e pasa a ser gris e branco. Xa me entendedes, non?

Non quero pensar se alguén leva un pantalón branco e dáselle por agacharse a coller algo do chan. Non creo que á señora da casa lle fixese moita graza ver a cor que adoptaría o pantalón.

Ben, deixando un pouco de lado esta realidade, quérovos contar algo que aprendín sobre a limpeza nos coles de Xapón. Primeiro que todo, debedes saber que lle dan tanta a importancia a isto que o consideran un aspecto cultural; é dicir, propio, é indispensable cumprilo se te consideras xaponés.

Alí, non precisan persoal de limpeza - aquí igual falta o necesario, porque son os propios nenos os que fan este traballo. De luns a venres, cando terminan as clases, todos os alumnos axudan a varrer e a limpar o po. Unha vez á semana, a unha clase (os maiores) tócanlle os baños, as escaleiras e os corredores.

Unha vez ao ano, fan a xeral e profunda. Limpan cada rincón e non só o fan eles, senón que tamén os pais aportan a súa axuda.

É de admirar, non? Estiven pensando que ao mellor deberíamos tomar nota e de paso botaríamoslle unha man ás limpadoras do centro, que non poden con todo. Non supón moito esforzo, e pasar tempo facendo estas tarefas axúdanos tamén a tomar para o noso repertorio bos valores e, por suposto, a pasar máis tempo cos compañeiros. Asegúrovos que tempo de risas; quen nos vería coa escoba botando un baile mentres limpamos. 

Eu, aí déixoo, digamos que como suxerencia.

Por certo! En Xapón  toman tan en serio isto que teñen unha ensinanza que di: "A limpeza do baño indica o estado do teu corazón". Cun lema "así"... quen non vai mirar de telo impecable?

Xa vos vexo esta ponte limpando cada recuncho do voso.

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario