lunes, 4 de diciembre de 2023

"Cando falta o profesor"


Normalmente, adóitanos deixar dúas fichas de lingua.

Cando chega o profe substituto, o que fai é sentarse na cadeira do noso titor, pon os pés na mesa, mastiga chicle e está todo o rato co móbil.

O único que di é: "De acabar, podedes facer o que vos pete".

Toda a clase ao principio fao os exercicios ben, coa boa letra, buscan no dicionario...

Pero non pensedes que é así, porque iso lles dura quince minutos. Logo empezan a gritar e a dicirse: "Eu teño mellor letra, o teu ten faltas, xa case acabo...".

Despois ven o peor: "Eu xa acabei".

A escoitar iso, todos apauran, todos acaban, a clase convértese nunha xungla.

Os nenos póñense encima da mesa, cantan, bailan, fan moito ruído, tiran o pegamento ao teito, collen a silicona da mestra de plástica e bótana na man...

Ao seguinte día, cando ven o noso profe, todos con cara de bos, agás os "acusicas", que levantan a man lentamente, e o resto con cara de medo.

Dáselles a palabra e contan ata o último detalle.

Ao final, toda a clase castigada, menos os acusicas. Así é sempre, unha e outra vez.

Que vos pareceu, na vosa clase tamén pasa?

Mar

No hay comentarios:

Publicar un comentario