O outro día estando na clase de Inglés, na academia, tivemos un exame e tocounos corriixir os exercicios. Si! Ás veces "autocorrixímonos".
Isto ten cousas boas e malas. Por exemplo, é bo porque daste cnta dende o momento que comezas, se sacarás boa ou mala nota. Pero tamén é malo, porque podes facer "trampas" ao teu favor (teño que dicir que xa vin algún caso).
Ben, pois ese día o exame tiña sete partes con 50 preguntas. Estaba eu no proceso cando de súpeto me dei conta de que tiña mal unha. Nese intre, a verdade, dábame moita rabia porque ata o momento non tiña ningún erro, e ademais, xa estaba a piques de terminar (é dicir, tiña posibilidades de sacar un dez).
Entroume a dúbida do que debería facer. No meu ombro dereito estaba un boneco en forma de anxo que me dicía: "Non fagas trampa. Iso é enganarte a ti mesma. Debes ser sincera contigo"; no ombro esquerdo atopábase outro personaxe en forme de demo que dicía: "Faino. Total ninguén se dará conta. Ademais, outros tamén o fan."
Durei uns cantos segundos pensándomo:
Que credes que fixen?
Non! Iso non! A miña conciencia despois non pararía de sinalarme ("Mira que es, eh! Como se che ocorre facer tal cousa!").
Din a resposta por mal e ao final tiven bo resultado.
O peor de todo isto é o que me dixo miña nai cando llo contei. Seica ela, no meu caso e tendo a miña idade, faría trampa.
Eu só penso:
"Pois si que che está ben o conto!"
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario