miércoles, 15 de marzo de 2023

"Os meus avós"

Todos os días, o meu avó, e a miña avoa chámonos ás oito en punto; sempre empeza o noso avó chamándonos.

Con el falamos por "WhatsApp" e mandámonos audios.

Sempre comeza preguntando:

- Hoxe estivestes na casa?

Despois de que lle contestemos, dinos que fixo dende as seis da mañá, que é a hora á que se levanta.

Logo pregúntanos polos exames. Se lle decimos que temos Naturais, fálanos da ciencia, aínda que non entende nada; de Sociais, fálanos de política, e iso abúrreme moito! Se é de Inglés, cámbianos de tema, dinos que vai cear medio litro de aquarius con auga.

Por último, despídese dicindo que vai ver a tele rosa ou azul! 

Cando nos chama a miña avoa, a conversa é completamente distinta.

Fainos chamada telefónica, porque non sabe manexar as novas tecnoloxías.

Non escoita moi ben e se lle preguntamos:

- Que tal estás? - contéstanos.

- Hoxe comín salmón.

Sempre cóntanos o conto dos sete cabritillos; aínda que se lle escapa algunha palabra.

De preguntarlle que ceou, dinos sempre: sopa e queixo con marmelo.

Logo fálanos das súas trampas na escoba, e que por iso sempre gaña.

Ao acabar a chamada, tarda cinco minutos en colgar!

Xa que ela ten un móbil con tapa, non o sabe pechar e témoslle que dicir: Cerra o teléfono!

Son eses pequenos momentos nos que lles alegramos o día.

Mar

1 comentario:

  1. Mar: que redacción tan guay. Que extraño que las llamadas de mis abuelos sean iguales que las tuyas?🥸

    ResponderEliminar