miércoles, 15 de febrero de 2023

"Unha domadora de dragóns"

O seu traballo era difícil, ademais era sorda e muda. Os seus pais compoñen e bailan música; ela, na súa situación, non podía opinar, pero cun pao podía sentir o ritmo.

Unha vez estaba domando a un dragón de lume e, sen darse conta, a súa casa familiar estaba a se incendiar. Non podía oír a ninguén!

Para coñecer o ruído que había, colleu o seu pao e sentiu moito ruído. Todo estaba destrozado, coa sorte de que aos seus pais non lles pasara nada.

Decidiu irse de vaixe cos seus dragóns. Nun momento quixo descansar un pouco e, de súpeto, abriuse un portal e tragouna xunto cos seus animais.

Apareceron nun mundo de chuche. A herba era rosa, o ceo morado, as nubes amarelas, as árbores piruletas.

Os dragóns puxéronse como tolos e empezaron a comer; ela quedouse contemplando o espazo. Durante un longo período viviron nese universo.

Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario