miércoles, 15 de febrero de 2023

"O gran susto de Meco"

Era venres e chovía a cántaros. Estaban todos os nenos no colexio festexando o Entroido.

- Atendede! Vouvos presentar un novo rapaz que vén de Xapón e vai estar connosco o resto do curso. Chámase Meco. - dixo o mestre.

- Benvido! - gritaron os nenos.

Meco sentouse nunha cadeira que se atopaba ao final da aula.

Todo ía correcto, fixera os exercicios de matemáticas, lengua e lingua. Parecía un rapaz educado, intelixente, bo e moi calado, cando de súpeto e sen entender ninguén nada, o neno novo deu un chimpo dende a súa cadeira que chegou ao carón do mestre, pisándolle os relucientes zapatos a este. Comezou a tremer e a berrar.

- SOCORRO! SOCORRO! SOCORRO! Non quero morrer tan xoven.

O resto dos rapaces miraban atónitos a súa forma de actuar. Tiñan os ollos como pratos.

O mestre intentou calmalo, mais non tivo éxito.

Foi grazas a Owen, que se decatou do cartel que había na xanela situado ao carón do novo alumno. Dito cartel dicía:

"O venres 17 de febreiro

remataremos o noso Entroido

coa queima do meco"

Pensara que lle ían prender lume e que ese día era o seu fin. Non me estraña, calquera fuxiría nesa situación.

O adulto presente nesa clase explicoulle que se trataba dunha tradición e que consistía na queima dun boneco que se chama igual que el.

O rapaz xaponés quedou máis tranquilo tras a explicación. Sen embargo, segue sen entender o chiste de queimar un boneco diante de centos de rapaces.

Sara

No hay comentarios:

Publicar un comentario