martes, 28 de febrero de 2023

"Un ser nevado"


Onte a miña irmá Marta quedou cuns amigos da universidade para facer un proxecto; era de bioloxía, é o que quere ser.
Ás cinco e media chegaron a casa. Prepararon uns tapers con: pasas, cenoria, patacas cocidas, arándanos, moras e fresas; remexérono todo na batidora e marcharon sen deixar rastro.
A min matoume a intriga, asi que seguimos como un "ninja".
Non sabían por que se dirixían ao bosque, non lle din importancia.
Despois dun anaco camiñando xa o comprendín: ían darlle de comer a un ser que de lonxe no se vía ben; mais cando me acerquei, observeino fixamente. Era moi fermoso: mediano, suave, de ollos grandes e morados, orellas alongadas, pelaxe gris e branco e cun nariz redondo. Tímido e á vez xoguetón. Gústanlle as fresas e moras.
Xa que tiña pelaxe branca como a neve, chamárono "Nevado".
Cando o miraba, non me din conta de dous individuos ao meu carón; dúas criaturas máis sentáronse xunto a min; berrei e a miña irmá deuse conta de que eu tamén estaba alí.
Non se enfadou comigo; díxome que á próxima vez que queira vir, mellor avisar.
Dende ese momento sempre vou con eles.
 
Mayra

No hay comentarios:

Publicar un comentario