viernes, 24 de febrero de 2023

"Rompendo mitos"

Era 9 de setembro de 2020. Un día moi especial. Despois de moito tempo, os rapaces e rapazas de todo o mundo comezaban de novo a escola.

Mentres, no Temple, un grupo de rapaces nados no 2012 iniciaban as clases cun novo mestre. O nome deste vouno deixar á vosa marabillosa "sabiduría".

Dito comezo era toda unha aventura, pois o curso pintaba complexo, xa que ao parecer as esixencias do mestre serían altas.

O meu cerebriño comezaba a traballar niso que chaman pensamentos, tal que así:

"Seguro que non nos deixa nin respirar"

"Os meus dediños terminarán cheos de feridas de tanto escribir"

"A luz do meu "coquiño" apagarase  de tanto pensar"

"Virá sempre de negro? Con capa de maléfico? Con cornos? O seu amigo será un corvo?

"Ataranos cos cordóns á cadeira pra que non nos movamos?"

Para que vos fagades unha idea, vouvos deixar a imaxe que eu tiña:

Chegou o día de coñecelo. Toda esa imaxe que eu creara desmontouse. Si, Si! Alí chegou un eñor todo sonrinte, agradable, explicando como serían os días durante ese curso. Todo un reto.

Non vos vou mentir. Equivocaríame niso de que era todo un "maléfico", pero no de traballar... Non! Se pensades que imos ao cole a papar moscas, estades bastante equivocados. Eu diría que incluso traballamos máis que algún adulto.

Non é por botar flores aos nenos: fomos e somos capaces de seguirlle o ritmo ao mestre, que non é pouco.

Ben, foron pasando os días, e incluso anos, e incluso anos, xa van casi tres anos, e o único que podo dicir é: GRAZAS!

Todos e cada un de nós superamos pouco a pouco as nosas debilidades, pero tamén reforzamos as nosas fortalezas.

Quen diría que seriamos capaces de facer contos, descricións, operacións matemáticas complexas ou incluso corrixir a ortografía dalgún familiar maior ca nós?

Agora dáme a  risa cando recordo como imaxinaba aquel comezo. Mira que temos imaxinación, eh!

Nin cornos, nin capa negra, nin maléfico. O encargado de ensinarnos é tal que así:


Estámonos convertendo en todos uns expertos e el ten moito que ver niso.

 

Sara

1 comentario:

  1. Tras levar cerca de vinte anos neste colexio, sempre fun cuestionado polo que nin se sabe. Pola miña experiencia non me afectou, a miña sinceridade non mermou e vai continuar ata que me xubile, para o que non falta moito. Recibín alegrías e satisfaccións dos meus alumnos; como proba, este escrito, que non sei como agradecer. Difícil explicar os meus sentimentos: a maior vantaxe da miña profesión. GRACIÑAS, Sara!

    ResponderEliminar