Había unha vez unha nena que se chamaba Sara.
Encantáballe a arqueoloxía.
Cando chegou o día do seu aniversario, toda a súa familia regaloulle a colección dos minerais.
Pero despois duns minutos o agasallo desaparecera. A nena quedouse moi sorprendida, así que decidiu investigar quen o roubara.
Decatouse que había pisadas de zapatos, e tamén un "pañuelo" negro.
Xusto nese instante, nas noticias, informaron que había un ladrón moi perigoso no barrio onde se producira o roubo dos minerais. Andaba en busca e captura.
A familia organizouse por grupos para seguir as pistas e atopar ao culpable.
Ao final déronse conta de que era un neno que o facía para vender o que roubaba, e co diñeiro poder mercar comida e dársella aos seus irmáns e axudar aos seus pais.A saber isto, toda a familia e veciños fixéronlle unha compra enorme e comprometéronse a axudarlles unha vez ao mes.
Sara
No hay comentarios:
Publicar un comentario